(+34) 986 846 045 contacto@ovopublicidade.com
Seleccionar página

Ponteatro 2023

PONTEATRO é o ciclo de artes escénicas do Concello de Pontevedra con programacións que se desenvolven semestralmente. Para o deseño das pezas promocionais inspirámonos en pinturas clásicas do romanticismo, reinterpretándoas non só graficamente, senón tamén facendo referencia ao contexto cultural da época. Para iso integramos elementos contemporáneos (a entrada) que aportan unha certa connotación humorística.
A protagonista do primeiro semestre de 2023 foi Lady Elizabeth Stanley, “impaciente” (coa súa entrada na man) porque comece o ciclo teatral. A ilustración parte da obra “Lady Elizabeth Stanley, Countess of Derby” de George Romney (1776-78)  que se atopa no The Metropolitan Museum of Art.

Os elementos que creamos para este proxecto son:

  • Cartel.
  • Programa de man coa información das pezas e compañías que participan no ciclo
  • Adaptacións en formato dixital para redes sociais e medios de comunicación dixital
  • Lona para exterior do Teatro Principal de Pontevedra

 

Pin It on Pinterest