(+34) 986 846 045 contacto@ovopublicidade.com
Seleccionar página

Ola!

Somos unha axencia especializada en deseño e comunicación. Estamos encantados de que esteas aquí. De feito, estabamos agardándote.

Se tes un proxecto, unha marca, unha idea… Se queres lanzar un produto, organizar un evento ou facer publicidade, podemos axudarte.

Para comezar, pasa e bota unha ollada a algunhas das cousas que facemos.
Se non atopas o que precisas, consúltanos!

 

?

Onde nacen as ideas

O noso estudo é un lugar quentiño, acolledor e perfecto para que pasemos nel días enteiros incubando ideas. Porque iso é o que facemos aquí, ter ideas e coidalas ata que son tan potentes que xa poden voar soas. Ás veces son proxectos integrais de comunicación, e noutras ocasións elaborados e coidadosos traballos de deseño.

Outras veces trátase de xigantescas e complicadas feiras ou eventos. Ou como non, completas e exitosas campañas de publicidade, cos seus anuncios e a súa estratexia e creatividade desbordante…

En Ovo pensamos que cada proxecto e cada cliente precisa dunha atención única e específica. Por iso implicámonos completamente en cada unha das propostas, ofrecendo solucións de comunicación a medida.

Como facemos moitas cousas, o mellor é que vaiamos por partes. Estas son algunhas das que podemos facer por ti.

 

Deseño

Unha marca non é só un logotipo, senón que debe ser algo máis. Moito máis! Ten que comunicar visualmente a túa identidade e transmitir os conceptos e valores do teu proxecto. En Ovo poñemos toda a nosa experiencia como publicitarios para lograr esa premisa.

Ofrecémosche servizos de deseño gráfico para carteis, folletos, campañas de publicidade; deseño de indentidade corporativa, rotulación, packaging… Xestionamos os proxectos de maneira integral, desde a idea inicial á produción e colocación final.

 

Comunicación e Publicidade

Unha boa idea é clave para unha excelente publicidade, pero non a única. De como se planifique, con que estratexia se lance e como se execute dependerá, en gran medida, que consiga os seus obxectivos.

Por iso en Ovo xestionamos de maneira integral as campañas de comunicación e publicidade; pensando moi ben de que maneira imos comunicar a personalidade da marca, con que mensaxe, en que medios e a que públicos imos chegar. Sen perder a perspectiva do proxecto e empregando sempre os recursos máis axeitados en cada caso.

Eventos

As relacións públicas e a organización de eventos son outros dos elementos fundamentais á hora de transmitir os valores e identidade dunha marca.

En Ovo posuímos experiencia na organización de feiras sectoriais, e na xestión integral da presenza corporativa en eventos profesionais.

Aínda que, se no que estás a pensar é en organizar a inauguración dun novo local ou negocio, ou facer a presentación dun produto ou servizo, tamén podemos axudarte. Ocupámonos de todo o proceso, de principio a fin, para que ti non teñas que facer nada.

Editorial

É unha das nosas especialidades: libros, manuais, catálogos corporativos, álbums ilustrados, catálogos fotográficos, novelas…

Realizamos proxectos de gran valor estético baseándonos na premisa de que o acceso ao contido é o obxectivo esencial de calquera obra editorial.

Exposicións

O ambiente que crees fala de ti. A presenza da túa marca en feiras, congresos ou eventos é unha das mellores ocasións para dar a coñecer os teus produtos e reforzar a imaxe da túa empresa.

Na axencia deseñamos exposicións, stands profesionais para feiras e todas as adaptacións gráficas da túa imaxe para este tipo de eventos. Tamén deseñamos exposicións artísticas para salas museísticas ou espazos no exterior. Facémolo desde a base: idea, deseño, planos, loxística, construción e montaxe.

Temos moita experiencia neste tipo de proxectos, tamén a nivel internacional.

Audiovisual

Un spot publicitario, un vídeo corporativo, quizais unha campaña en radio ou un documental de contido cultural… todas son pezas do audiovisual que poden complementar á perfección as accións da túa campaña de publicidade.

Trátase dun traballo coidadoso que require dunha planificación e coidado deseño, e que en Ovo tamén che ofrecemos. Consúltanos!

?

Falamos?

Déixanos os teus datos e chamámoste sen compromiso.

Estamos en:

Praza de Curros Enriquez 4, 3C
36002, Pontevedra

 

Chámanos!

(+34) 986 846 045

Pin It on Pinterest