Spot para o Día Europeo das Linguas
A Área de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra encargounos o deseño e realización desta peza para celebrar o Día Europeo das Linguas.
O audiovisual, que se estreou na gala “Unha lingua de premio 2018”, quere dar visibilidade e reivindicar a importancia dos premios literarios que se conceden en Pontevedra, en concreto en once da provincia.
Concebimos o spot como un percorrido visual polos lugares onde se outorgan estes galardóns. Pontevedra, Bueu, Cotobade, Valga, Catoira, A Estrada, O Grove ou Redondela foron algúns deles.
Desenvolvemos unha narrativa audiovisual áxil e dinámica, estruturando a peza coma unha viaxe arredor das creacións dos e das autoras galardoadas, fundindo citas das súas obras coa paisaxe.