(+34) 986 846 045 contacto@ovopublicidade.com
Seleccionar página

Torrado

Deseño de marca e aplicacións de papelaría corporativa

Torrado é unha tenda histórica da cidade de Pontevedra. Está especializada en artigos de Belas Artes e papelaría. Confiaron en nós para renovar a súa identidade corporativa, coincidindo co inicio dunha nova etapa na empresa.

Para o deseño baseámonos no concepto: “toda a arte está en Torrado” formulando unha identidade tipográfica e un branding cheo de elementos gráficos adicionais.

Para nutrir o branding escollemos obras significativas da historia da arte que, integradas coa marca, fan que sexa moi versátil nas aplicación de cor e en todo o seu universo visual.

Pin It on Pinterest