(+34) 986 846 045 contacto@ovopublicidade.com
Seleccionar página

Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2022

O Salón do Libro de Pontevedra é un evento cultural referente na creación de novos públicos lectores e na visibilidade e difusión da LIX (literatura infantil e xuvenil).
Do 11 ao 27 de marzo de 2022 celebrou a súa XXIII edición co lema “Con moita Arte”.

Para este proxecto, co que levamos colaborando desde as primeiras edicións, deseñamos as pezas gráficas para a súa comunicación e promoción publicitaria: cartaz (a ilustración que se usou para o deseño é unha obra da creadora viguesa, Bea Grégores, seleccionada entre as 39 propostas presentadas); programa de actividades; totems; lonas; marcapáxinas; sinalización; banners, post para redes sociais, anuncios de prensa…

Unha edición máis, a Orbil Parade -que deseñamos para a edición de 2020- volveu estar presente nas prazas e rúas da cidade de Pontevedra. A mostra componse de reproducións de 2 metros de altura da mascota deste evento, Orbil, o lobo lector, con chamativos deseños (ningunha peza é igual a outra). A exposición visibiliza o Salón na cidade e anuncia o seu inicio. Nesta ocasión a Orbil Parade aumentou a familia de lobiños lectores. Compúxose de 10 pezas, e dúas delas foron intervidas “con moita arte” polo alumnado de Bacharelato Artístico e Belas Artes.

Pin It on Pinterest