(+34) 986 846 045 contacto@ovopublicidade.com
Seleccionar página

Rosalía

Rosalía de Castro, deseño de Ovo Publicidade

Deseño de cartaces para programacións culturais

Desde a área de Cultura do Concello de Pontevedra encargáronnos o deseño de dous carteis con Rosalía de Castro como protagonista. A finalidade destes foi anunciar programacións culturais arredor desta figura universal.

Deseñar unha gráfica con Rosalía de Castro como protagonista sempre é un reto, tanto pola tremenda importancia da autora para a nosa Cultura, como pola dificultade para usar imaxes súas que sexan distintas, xa que hai poucas e son moi coñecidas.

Por iso, asumimos o deseño destes cartaces como un desafío.

Rosalía, icono gráfico

O resultado é a reiterpretación gráfica dunha das imaxes máis icónicas de Rosalía de Castro, que segue sendo moi identificable, pero que se presenta dunha maneira máis moderna e contemporánea.

A Rosalía de cores trascendeu máis alá do ámbito ao que se dirixía (Pontevedra), xa que recibimos peticións deste cartaz de todo tipo de institucións e colectivos culturais de toda Galicia.

Pin It on Pinterest