(+34) 986 846 045 contacto@ovopublicidade.com
Seleccionar página

Regala Cultura

Deseño para campaña promocional da Consellaría de Cultura

Campaña de promoción cultural para a Xunta de Galicia

A nosa Cultura é un tesouro que se pode compartir en forma de agasallo. Por iso, partindo dese concepto deseñamos esta campaña para a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia.

Lanzouse no Nadal de 2006 e buscaba convertir a Cultura Galega nunha opción máis de agasallo para esas datas.

 “A nosa cultura é un agasallo”

A campaña centrouse en medios de comunicación e soportes publicitarios de exterior. Difundíuse nas semanas previas ao Nadal e durante esas mesmas datas.
Para elo concebimos tres creatividades representando items destacados da cultura: música, artes escénicas e letras. Con elas deseñamos tres modelos de cartaz; adaptacións de prensa para xornais de todo o país, e unha cuña publicitaria que se emitíu en emisoras de toda Galicia, coa que se animaba a escoller a Cultura Galega como opción de agasallo de Nadal.

Por esta campaña recibimos o premio á “Mellor Campaña de Publicidade Radiofónica en Galego 2006” concedida polo Consello Asesor da RTVE e CRTVG en Galicia.

Pin It on Pinterest