Creación de nome e deseño de indentidade corporativa con aplicacións de papelaría para unha nova marca: Ottoman. Trátase dunha empresa de venta de mobiliario e interiorismo que conxuga prezos asequibles sen renunciar á calidade e o deseño.
A nosa proposta céntrase na tipografía (usamos a Brandon Grotesque Black) e busca transmitir a idea de mordenidade, adaptabilidade e solidez dentro do mundo do interiorismo. É destacable tamén a visibilidade e lexibilidade do deseño, grazas ao seu alto contraste.
O nome
Un Ottoman é unha peza de mobiliario, que serve para apoiar os pés cando se coloca diante dunha butaca ou sillón.
Aproveitando á sonoridade e beleza tipográfica do nome desta peza de mobiliario, relacionamos á marca coa actividade da empresa como especialistas en interiorismo.
A campaña publicitaria
No proxecto tamén deseñamos e xestionamos a campaña publicitaria de lanzamento da nova marca. Ottoman está no concello de Marín, polo que as accións centráronse na captación do seu público obxectivo dentro das áreas limítrofes.
As creatividades deseñáronse para soportes publicitarios de exterior (valados) e anuncios específicos para os medios de comunicación locais. Seleccionamos as cabeceiras de prensa e emisoras de radio con maior difusión e audiencia en Pontevedra e concellos da contorna.
O obxectivo foi lograr o maior número de impactos posible nos públicos da campaña lanzando unha oferta tentadora: unha cociña Santos (Ottoman é distribuidora na zona desta recoñecida marca) a un prezo imbatible.