A Misión Biolóxica de Galicia (MBG), é un organismo dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en 2021 celebrou o seu centenario.
Para conmemorar estes primeiros 100 anos (e desexamos que sexan, polo menos, outros tantos máis) confiaron en nós para a organización integral do evento, coordinación da montaxe e protocolo, ambientación dos espazos e deseño gráfico para o acto: rotulacións, totem, imaxe para pantallas de plasma…
O programa de actos consistíu nunha recepción institucional na que participaron representantes das principais institucións e administracións públicas de Galicia, así como outros convidados procendentes de organismos científicos do resto de España xunto a todo o persoal da Misión Biolóxica (MBG). A continuación celebrouse un cóctel ao aire libre para 100 asistentes.
Un reto en tempos de pandemia pola COVID-19
A celebración do centenario da Misión Biolóxica de Galicia supuxo un dobre reto. Por unha banda, a organización duns actos cunha asistencia importante de convidados e convidadas, e pola outra a xestión dos espazos e disposición dos fluxos de circulación de persoas seguindo de maneira estrita as recomendacións e regulacións sanitarias por mor da pandemia.
Os actos desenvolvéronse en dous espazos: o adro na parte posterior do Pazo de Salcedo (sé da Misión Biolóxica), e os xardíns da parte dianteira do edificio principal, onde se celebrou a recepción para 100 persoas. O catering foi servido por O Eirado eventos, do chef Iñaki Bretal (* Estrela Michelín).
O evento resultou todo un éxito e non houbo que lamentar ningún incidente relacionado con contaxios pola COVID-19.
Proba superada!