Acción de rúa para o Salón do Libro 2020
Deseño e produción de oito figuras volumétricas que representan á mascota do evento, o lobo Orbil. As estatuas colocáronse nas rúas e prazas da cidade de Pontevedra. O obxectivo da Orbil Parade foi visibilizar e trasladar a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ao exterior do recinto do Pazo da Cultura, espazo onde se desenvolve o evento.
Orbil Parade nas rúas de Pontevedra
Para os deseños optamos por unha estética centrada nas cores vivas e chamativas, nada que ver co agardado para unha estatua e menos coa figura dun lobo. As oito figuras foron construidas a tamaño real (2 metros de altura), as mesmas dimensións da mascota “real” do evento, o lobo Orbil.
Sete das estatuas dispersáronse polas rúas da cidade de Pontevedra, en localizacións moi transitadas pola cativada, mentres que a oitava (de cor branca completamente) permaneceu na sala de exposicións do Pazo da Cultura, para que os asistentes ao Salón puidesen decorala con liberdade creativa absoluta.
Por mor do estado de alarma causado pola pandemia da covid-19, as estatuas permaneceron máis tempo do agardado nas rúas pontevedresas. No canto dun mes (a duración natural de O Salón), estiveron 60 días. Unha boa mostra da resistencia dos materiais ás inclemencias do tempo. A Orbil Parade agarda xa a volver as rúas, esperamos que no 2021.