(+34) 986 846 045 contacto@ovopublicidade.com
Seleccionar página

O Salón

Deseño de marca para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

O Salón, como se coñece popularmente, é un dos eventos centrais da actividade cultural pontevedresa. Naceu hai 21 anos co obxectivo de promover o libro e a lectura entre o público máis novo, e na actualidade traspasa fronteiras ao ter xa carácter internacional.

No noso estudo deseñamos todo o material publicitario de O Salón case desde as primeiras edicións, e somos responsables tamén da súa identidade visual. Tradicionalmente O Salón fundamentaba a súa imaxe na figura da mascota do evento, o Lobo Orbil, pero carecía dunha marca específica.

A identidade

Para o deseño, centrado na tipografía, buscamos que fose moi combinable. É importante ter presente que O Salón Do Libro emprega en cada edición unha ilustración distinta para o deseño do seu cartel, polo que ter un logo adaptable era unha premisa moi importante. Coa proposta buscamos transmitir unha sensación de renovación da imaxe xeral do evento, ao tempo que transmita ao espectador unha identidade máis contemporánea, case museística.

O logo de O Salón é flexible e duradeiro no tempo, aséptico (funciona moi ben só), con moita personalidade e moderno.

Ademais, a partir da identidade desenvolvimos un universo visual para a marca que fai posible a súa implementación en calquera soporte, adptándose perfectamente ao contido.

 

Pin It on Pinterest