O programa “A memoria das mulleres”
A memoria das mulleres é un programa que do Concello de Pontevedra que pretende construír o fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.
A inciativa ten varias liñas de acción para as que deseñamos pezas como catálogos e publicacións específicas coa historia das protagonistas. Un dos proxectos é o libro “Do Gris ao Violeta, achegas á historia das mulleres de Pontevedra” para o que realizamos o deseño e a maquetación do libro.
Ovo é responsable tamén do deseño da identidade visual do programa, así como o da exposición: “Do Gris ao Violeta, achegas á historia das mulleres de Pontevedra”, que forma parte do mesmo.
A exposición
A mostra ten dúas versións: unha pensada para espazos exteriores con paneis e elementos voluminosos nos que, a través da imaxe e os textos, se constrúe o relato das etapas da historia das mulleres en Pontevedra.
A outra versión, máis reducida, está pensada para espazos interiores. Ten un carácter itinerante, componse de 6 paneis lixeiros de 2 metros de altura. Son visibles por ambos lados e descansan sobre peanas de aluminio que aportan estabilidade sen restar lixeireza.
É moi versátil e adáptase perfectamente aos espazos interiores.