Deseño de identidade gráfica e creación de nome para o programa COMPOSTA
COMPOSTA é un programa experimental de compostaxe que se está a desenvolver na zona urbana do Concello de Pontevedra. Diríxese a aquelas persoas que queren compostar pero non poden pola zona onde teñen o seu domicilio, (non viven nunha casa ou residen lonxe dunha área de compostaxe comunitaria). Este programa favorece a compostaxe grazas a instalación de colectores específicos nas rúas da cidade de Pontevedra.
Cespa-Ferrovial encargounos o deseño da imaxe deste novidoso programa así como e creación do nome.
O deseño
A nosa proposta é un deseño moi limpo centrado na tipografía onde prima a visibilidade e a lexibilidade. A composición complétase cun elemento gráfico adicional en forma de folla e un tratamento cromático da tipografía que alude a conceptos como a reciclaxe e a ecoloxía, ademais de facer referencia a Pontevedra, concello onde se desenvolve.
Composta
O nome do programa é claro e directo, e fai referencia á temática da que se trata. É usable tanto en galego como en castelán e pódese interpretar como unha chamada á acción Composta! Ao ser un nome curto e facilmente recordable e identificable co proxecto ao que fai referencia.