Deseño e creatividade de campaña para o 25N, día Internacional contra a violencia machista
En 2014 o Concello de Pontevedra encargábanos unha campaña para conmemorar o 25 de novembro, día reivindicativo a nivel mundial contra as violencias machistas. O obxectivo era visibilizar este tipo de violencia e a asimilación de certas conductas como “normais” cando non o son. Tamén se buscaba lograr un forte impacto entre o público xeral, coa finalidade de facelo reflexionar sobre o tema.
Para logralo ideamos unha campaña pensada para soportes de exterior (mupis). Centróuse no emprego de palabras mal soantes que, tras ese primeiro impacto, invitaban a ler a “letra pequena” onde se explicaba o motivo da chamada á acción e se ofrecían datos reais sobre o maltrato procedentes de estatísticas oficiais.
Insultos de sobra coñecidos
“PUTA” “PORCA” “BURRA”
(Letra pequena) “A violencia machista non empeza cunha paliza. Páraa antes”
A campaña non sitúa o foco estritamente sobre a víctima ou o maltratador, como pasa noutros casos, senón que o traslada tamén ao espectador/a. A gráfica promove a reflexión sobre o tema, identificando conductas que poden chegar a ser mais ou menos cotiás, cando en realidade son elementos de maltrato.
Deseñamos tres modelos distintos de cartaces que se colocaron nun amplo circuíto de mupis de Pontevedra. As gráficas situáronse estratexicamente en puntos sensibles da cidade: zonas de moito transito de peóns, inmediacións de edificios públicos ou centros de ensino de ciclos medios e superiores…
O resultado foi óptimo xa que se conseguíu chamar a atención non só do público, senón tamén dos medios de comunicación social de ámbito local autonómico e nacional*, conseguindo así unha estupenda publicity da campaña.
*A campaña reflectíuse no xornal El Mundo e no Programa LA MAÑANA de RTVE entre outros.