Deseño de identidade corporativa e aplicacións de papelaría para BIOCAPS, un programa científico da Universidade de Vigo que busca tender pontes entre a investigación básica e a clínica. O proxecto pretende establecer vías de comunicación entre a comunidade científica e a investigadora, así como coas as empresas do sector. Os grupos de investigación que forman parte de BIOCAPS interconéctanse e comunícanse tendendo pontes entre si e co resto dos axentes da sociedade e da industria.
O deseño
BIOCAPS transmite mordenidade e solidez, movemento no tempo e espazo. Inténtase transmitir a idea de interconexión e avance no campo da biomedicina.
Alegóricamente fai referencia ás pontes que conectan puntos alonxados entre si. Os tres arcos que simbolizan estas pontes transmiten a idea de achegamento e interconexión. A superposición e tratamento cromático do deseño suxiren unha expansión ao longo do tempo e do espazo, expresando o dinamismo dos distintos axentes que conforman o proxecto. É destacable tamén a visibilidade e lexibilidade da marca, grazas ao seu alto contraste.