A foto 51 (Fotografía 51) é o título dun ciclo de nano charlas de divulgación cientítica que se celebrou en Pontevedra coincidindo co día da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro). A iniciativa promovéuna o Concello de Pontevedra, coa coordinación da científica Andrea Muras.
Os elementos que creamos para este proxecto son:
- Cartel.
- Programa de man coa información dos e das participantes nas nano charlas (2 días de actividade). Formato: díptico
- Escenografía do estrado onde se impartiron as nano charlas
- Adaptacións en formato dixital para redes sociais
O concepto creativo
O 6 de maio de 1952 tomóuse unha das imaxes máis importantes da historia da ciencia: A Fotografía 51. A súa autora foi a química Rosalind Franklin quen, xunto ao estudante de doutorado Raymond Gosling, captaba a primeira imaxe da estrutura do ADN. O seu logro foi fundamental para a investigación científica neste campo.
Dez anos despois do achado, tres científicos: Watson, Crick e Wilkins valéndose do traballo de Franklin e a súa imaxe, gañaban o Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións sobre a estrutura do ADN. Non mencionaron nin recoñeceron nunca a aportación dos traballos da científica, e tampouco o decisiva que foi a Fotografía 51. Sen pretendelo (Franklin falecía poucos anos despois da descuberta) Rosalind Franklin protagonizou unha das historias máis inxustas e dramáticas da historia da ciencia: a dun roubo, unha inxustiza e o esquecemento do seu nome e importancia como científica ata non hai moito.
Para reivindicarmos a importancia do seu legado determinouse A Fotografía 51, historias de ciencia como título das xornadas. Para a creatividade e a gráfica reinterpretouse a icónica imaxe tomada por Franklin adaptándoa aos códigos visuais actuais e otorgándolle todo o protagonismo.
Todas as pezas, así como as súas adaptacións dixitais, seguen unha liña gráfica limpa e identificable.