Sabémolo. É algo obvio: o fundamental para as marcas é estar posicionadas na contorna dixital. Web, redes sociais, aplicacións…o feito é indiscutible. Ter un espazo propio na contorna online resulta -hoxe en día- algo imprescindible.
O espazo de referencia segue sendo e será a web. A súa funcionalidade mudou moito nos últimos tempos, e o que prima agora é que sexa atractiva e que presente a información co menor número de clics posible.
WordPress é unha boa opción para poder creala, xa que calquera persoa pode facer unha web básica para a súa marca, proxecto ou empresa.
Que é?
WordPress é un software de código aberto e gratuíto. Se botas man del poderás crear webs, blogues, tendas online ou aplicacións, cun deseño que nada ten que envexar aos das webs máis Top creadas tamén con el.
O mellor? Que é asequible, ademáis de que non precisas ter grandes coñecementos sobre a web para poder empregalo.
Se o fas non hai volta atrás. WordPress é básico e simple, tamén moi predecible o que axuda ¡e de que maneira! que poidas ter a mellor das webs.
Con WordPress poderás crear webs moi atractivas con bonitos deseños. Para iso tes a opción de usar unha plantilla, (tema, se usamos a xerga da plataforma); ou facelo ti mesmo/a desde cero. O máis cómodo, se optas por esta solución, é que empregues un maquetador visual, toda unha revolución pola súa facilidade de uso.
Recomendámosche dous: o Elementor e o Divi, que ademais de maquetador tamén é un tema de WordPress.
WordPress no mundo
Sabías que arredor do 35% das webs que hai na internet están feitas con WordPress?
Pois si, e segue a medrar!
Está suxeito á licencia xeral Public License (GPLv2 ou posterior) que ofrece catro liberdades fundamentais:
- Executar o programa para calquera propósito.
- Estudar para que funciona e modifícalo para o que queiras
- Redistribuílo a outros
- Modificación e distribución das túas propias copias a outras persoas
Comunidades WordPress
Existe unha gran comunidade de persoas arredor do mundo que contribúen a que WordPress siga a medrar.
Estes grupos organizan encontros Meetups para coñecer a outros profesionais deste sistema. De cando en vez organizan xornadas (WorldCamps) de formación para continuar expandíndoo polo mundo. En Pontevedra celebrouse hai poucos meses unha delas.
Nós usámolo nas webs que facemos
Pois si, nós somos unha desas axencias que recomenda WordPress aos seus clientes e que o emprega para facelas. Esta mesma web na que estás a ler este artigo está feita en WordPress. Queres ver máis exemplo do noso traballo web en WordPress? Pois bota unha ollada a estes stios:
Para rematar gustaríanos contarche un segrediño, por se aínda tes dúbidas sobre se este software é unha boa opción ou non…
Moitas marcas súper recoñecidas úsano.
Estas son algunhas
- spotify.com a web de moda que revolucionou a industria musical
- ebayinc.com o blog da plataforma de compra venda máis coñecida
- rollingstones.com pouco máis podemos dicir destes xefes do rock and roll
- vogue.com un espazo de referencia da emblemática publicación de moda
Ata a próxima!